Financiador: Axencia Española de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento

Contía total do proxecto: 209.170,00 €

Subvención: 167.239,00 €

Duración O proxecto foi aprobado en 2010 e a súa execución empezará en 2011.


O Cambio Climático faise sentir especialmente nos países máis pobres e afecta o impacto da cooperación internacional para os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. O Cambio Climático, por exemplo, reducirá a dispoñibilidade de auga e intensificará os fenómenos extremos (furacáns, secas), diminuíndo a produtividade agrícola en grandes rexións de África e América Latina e aumentando a incidencia de enfermidades como a malaria. Haberá unha deterioración de moitos ecosistemas e un empeoramento das condicións de vida das mulleres dos países pobres, especialmente vulnerables por motivos socio-económicos. A relación entre Cambio Climático e desenvolvemento dos países pobres non é tomada suficientemente en conta polos actores da Cooperación Descentralizada, nin é un asunto do cal a sociedade teña suficiente conciencia. O presente proxecto pretende implicar a Administración Pública Local e Autonómica española na mitigación das consecuencias do Cambio Climático no desenvolvemento dos países pobres e no logro dos ODM. A Administración Pública, como actor fundamental da Cooperación Descentralizada, pode contribuír a evitar reveses no desenvolvemento dos países máis pobres, incluíndo nas súas estratexias 2 eixos principais: a mitigación do Cambio Climático, fomentando nos países pobres un desenvolvemento limpo e a captación dos Gases de Efecto Invernadoiro, e a adaptación ás súas consecuencias, mellorando a capacidade dos países en desenvolvemento para facer fronte aos efectos do Cambio Climático. A sociedade, debidamente sensibilizada, pode contribuír a reducir o impacto do Cambio Climático, fortalecendo o apoio social ás estratexias de loita contra o Cambio Climático e adoptando hábitos que contribúan a reducir os Gases de Efecto Invernadoiro na atmosfera. O grupo meta definido son, polo seu potencial multiplicador e de incidencia, os políticos, funcionarios e técnicos da administración local e autonómica. Actuarase segundo 3 eixos: o 1º, de sensibilización e información da sociedade, prevé eventos públicos (unha exposición fotográfica interactiva acompañada por seminarios) e unha campaña de comunicación. O 2º, de investigación e formación, promoverá o coñecemento conceptual, procedimental e actitudinal, proporcionando información multimedia de calidade, que será distribuída entre o grupo meta e servirá de suporte pedagóxico para un programa de formacións. O 3º eixo, a través dunha páxina nas principais redes sociais, promoverá o inicio dun proceso de mobilización, implicando o Grupo de Funcionarios e Técnicos da administración local para a ED (creado por MUSOL en 2010). Todas as actividades realizaranse en 6 Comunidades Autónomas: Madrid, P. Vasco, Castela e León, Castela A Mancha, Cataluña, Andalucía, co apoio do Colexio de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local.

Ofertas de Empleo

Hazte socio

Blog Musol

Suscríbete

Fines Sociales

Boletín

Redes Sociales

 

Únete a MUSOL, ¡ayudanos a seguir ayudando!

Facebook MUSOL Twitter MUSOL   linkedin-inbug-2c

 

¡ GRACIAS !

 

Canal Musol Youtube

Únete

 Facebook MUSOL Twitter MUSOL   linkedin-inbug-2c

local for green project

logo fondo blanco

 

 

Auditores de Cuentas especialistas en Justificación de subvenciones para Fundaciones

 

 

NUESTROS PROYECTOS

Nuestros Proyectos

 


Cosital Network

Musol - Ir al Inicio

MUSOL
Plaza Jesus, 5 pta 3.
46007 Valencia
Telf - Fax: 96 381 75 09
Mail: info@musol.org

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.

  Acepto las cookies de este sitio.
EU Cookie Directive Module Information