CursoO próximo 13 de decembro MUSOL participa no I Curso de Dirección Pública Local de Pequenos e Medianos Municipios organizado en Valladolid polo Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local (COSITAL), cuxo obxectivo é ofrecer a quen desempeñan servizos en Entidades Locais unha formación adecuada ás súas necesidades especificas e que se corresponda coa dinámica diaria dos Pequenos e Medianos Municipios.

O relatorio de MUSOL, impartida por Rafael García Matíes, presidente da organización, e enfocada á cooperación internacional ao desenvolvemento, esta enmarcada no proxecto "Sensibilización, formación e mobilización de funcionarios e políticos dos gobernos locais para a promoción do desenvolvemento sostible e os ODM" financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

O Programa do curso, composto por dez módulos e cun total de 110 horas lectivas que se complementará con prácticas en cada módulo e a elaboración dun Plan de Mellora, está dirixido a Secretarios-Interventores, Secretarios, Interventores, Tesoureiros, e demais empregados públicos que presten servizo en municipios que non superen os 10.000 habitantes, en postos de nivel directivo.

PROGRAMA

13 e 14 de decembro. Módulo 1: Singularidades na xestión Directiva municipal. D. Eulalio Ávila. Presidente do Consello Xeral de Cosital.

17 e 18 de xaneiro. Módulo 2: Xestión e calidade dos servizos Público locais en pequenos e medianos municipios. D. Valentín Merino. Secretario Xeral do Concello de Valladolid.

D. Ricardo Rivero. Catedrático de Dereito Administrativo. Universidade de Salamanca.

31 de xaneiro e 1 de febreiro. Módulo 3: Xestión de recursos humanos, procesos organizativos e procesos de comunicación en pequenos e medianos municipios. D. Juan Ignacio Soto. Secretario Xeral da Deputación de Xirona.

14 e 15 de febreiro.

Módulo 4: Xestión de procesos de E-Adm. e innovación municipal con especial referencia ás zonas rurais. D. Borja Adsuara. Profesor de Dereito e Asesor parlamentario.

Módulo 5: Xestión orzamentaria e sistemas de control.

D. Miguel Calvo . Tesoureiro da DP de Valladolid.

28 de febreiro e 1 de marzo. Módulo 6:Planificación estratéxica.

D. Valentín Merino. Secretario Xeral do Concello de Valladolid.

14 e 15 de marzo. Módulo 7: Habilidades directivas. Dna. Rocío Claros. Tesoureira do Concello de Alhaurín de la Torre.

4 e 5 de abril. Módulo 8: Políticas públicas en pequenos e Medianos municipios. D. Carles Ramió. Director da Escola de Administración Pública de Cataluña. Profesor Titular de Ciencias Políticas e da Administración da Universitat Pompeu Fabra.

Módulo 9: Fase de prácticas. Redacción dun plan de mellora.

INFORMACIÓN XERAL

Duración: 110 horas lectivas.

Data de inicio: 13 de Decembro de 2010.

Lugar de celebración: Valladolid.

Cota de Inscrición: 1.200 €

Bonificado para colexiados de COSITAL: 690 €.

Esta inscrición poderase abonar en dúas cotas de 345 euros, unha ao comezo do curso, e outra en febreiro de 2011.

Posibilidade de financiamento con Banco Sabadell.

Prazo de inscrición: Ata o 30 de novembro.

Inscricións chamando ao Teléfono 91 521 18 25.

Máis información en:

Telf.: 91 521 18 25

www.cosital.es
formacion @ cosital.es

 

Ofertas de Empleo

Hazte socio

Blog Musol

Suscríbete

Fines Sociales

Boletín

Redes Sociales

 

Únete a MUSOL, ¡ayudanos a seguir ayudando!

Facebook MUSOL Twitter MUSOL   linkedin-inbug-2c

 

¡ GRACIAS !

 

Canal Musol Youtube

Únete

 Facebook MUSOL Twitter MUSOL   linkedin-inbug-2c

 

educacion adultos sostenible 

Rosa Gris Cita Igualdad de Mujeres Instagram Publicación

 Project co-financed by the European Regional Development Fund

logo fondo blanco

 

 

Auditores de Cuentas especialistas en Justificación de subvenciones para Fundaciones

 

 

NUESTROS PROYECTOS

Nuestros Proyectos

 


Cosital Network

Musol - Ir al Inicio

MUSOL
Calle Jacinto Labaila 21 Bajo
46007 Valencia
Telf - Fax: 96 381 75 09
Mail: info@musol.org

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. To find out more about the cookies we use and how to delete them, see our privacy policy.

  I accept cookies from this site.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk