O papel das autoridades locais españolas na loita contra a pobreza e para o logro dos ODM adquiriu cada vez máis relevancia no últimos anos. En España os municipios prestan servizos sociais fundamentais para o benestar da poboación e en particular dos grupos máis vulnerables, entre os cales o colectivo inmigrante. Os municipios achegan tamén ao desafío do logro dos ODM nas zonas máis pobres do planeta, contribuíndo non só con recursos senón tamén con coñecementos e experiencias relevantes, en particular nun momento histórico en que a noción de -autonomía local-, estase impondo progresivamente en todas as rexións como norma de referencia da administración territorial. Para conseguir que os investimentos (non unicamente económicas) dos gobernos locais españois para a loita contra a pobreza en España e no mundo, teñan un máximo de impacto, fai falta que os políticos e funcionarios locais estean debidamente sensibilizados e coñezan profundamente as realidades con que se relacionan e os contextos nos cales van traballar.

A Fundación Musol identificou este proxecto a partir do seu historial de traballo con administracións locais en España e en colaboración con colectivos representativos de grupos profesionais fundamentais para o mundo municipal (COSITAL e os colexios territoriais). Contribúese non só a concienciar e formar grupos (funcionarios/as e políticos locais) relevantes polo seu peso numérico e o seu papel na sociedade española, senón que se incrementa tamén o soporte e a calidade da cooperación española. A iniciativa pretende abarcar polo menos 6 comunidades autónomas, no que se refires ás iniciativas de sensibilización, mentres que no eixo de formación e mobilización involucrará potencialmente toda a xeografía española.

Musol - Ir al Inicio

MUSOL
Calle Jacinto Labaila 21 Bajo
46007 Valencia
Telf - Fax: 96 381 75 09
Mail: info@musol.org

Powered by Infaplic

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. To find out more about the cookies we use and how to delete them, see our privacy policy.

  I accept cookies from this site.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk