Quen somos

MUSOL nace en 1998 da man dun grupo de funcionarios, profesionais, expertos e investigadores que centran os seus intereses e carreiras profesionais no ámbito da administración local española.

Dende a súa fundación, MUSOL ten unha vocación dirixida ó traballo cos entes locais do Sur, có obxetivo de fortalecer as capacidades dos actores locais e o seu papel no desenrolo local. Ó longo dos anos MUSOL diversificou a súa acción, dende o punto de vista xeográfico e sectorial; porém a organización reafirma a súa ambición de constituír unha referencia no traballo cos entes públicos e as organizacións locais de España, África e América Latina.

En MUSOL promovemos o dereito a unha vida digna e o desenrolo sostible das poboacións máis desfavorecidas, desenrolando e fortalecendo as capacidades tanto dos gobernos rexionais e locais como da sociedade civil española, de África e América Latina, todo elo no marco dos procesos de desenrolo, descentralización e participación vixentes nos países destinatarios da nosa actividade.

Especializada no fortalecemento dos gobernos locais e rexionais dos países do Sur por ser institucións cercanas ás persoas responsables dos servizos básicos de auga, saúde e educación, defende os valores democráticos, a xustiza social, a equidade e os dereitos humanos. MUSOL cree no traballo que teña como base a transparencia, a responsabilidade, o aprendizaxe e a innovación para loitar contra a pobreza.

Actualmente, desenrola diferentes proxectos de cooperación ó desenrolo en  Latinoamérica e África, así como de sensibilización por toda a xeografía española, con o obxetivo de fomentar a participación e ampliar o coñecemento da administración local sobre temas de cooperación ó desenrolo, codesenrolo e descentralización.

En 2010 finalmente MUSOL consolidou a súa forma xurídica de Fundación.

Misión

A misión de MUSOL é promover o desenrolo sostible das poboacións máis desfavorecidas, desenrolando e fortalecendo as capacidades tanto dos gobernos rexionais e locais como da sociedade civil, en España, África e América Latina. Todo elo, no marco dos procesos de desenrolo, descentralización e participación vixentes nos países destinatarios da nosa actividade.

Visión

Nosa visión é ser unha organización de referencia no traballo cas organizacións e entidades públicas rexionais e locais de España, África e América Latina, que fomenta a sensibilización, a transparencia e a eficacia, o aprendizaxe e a mellora continua, internamente e entre as súas contrapartes, para promover o satisfactorio progreso das poboacións máis desfavorecidas e a participación das mesmas nos procesos de desenrolo local.

Valores

  1. Transparencia
  2. Participación, Equidade de Xénero e Democracia
  3. Empoderamento, fortalecemento e responsabilidade
  4. Apertura ó traballo con poboacións migrantes
  5. Valorización do espazo público
  6. Aprendizaxe e innovación

 

EXES ESTRATÉXICOS DE ACCIÓN

En 2009 MUSOL redefine o seu Marco Estratéxico, actualizándoo ó novo contexto e integrando aqueles exes de acción, valores, expectativas e tendencias que se delinearon de forma clara durante os primeiros 10 anos de vida da organización (1998-2008).

A definición do novo Marco Estratéxico, froito dun proceso de análise e reflexión realizado entre finais de 2008 e inicio de 2009, puxo de manifesto que no só os proxectos de cooperación ó desenrolo e co desenrolo son exes fundamentais de acción para a organización, senón que as accións e iniciativas de sensibilización e educación para o desenrolo resultaron ser tamén o exe vertebrador da acción de MUSOL en España.

Cooperación para o desenrolo

Apoio ós entes públicos rexionais locais de América Latina e África na prestación sostible de servizos básicos de calidade á poboación local.

Fortalecemento dos entes públicos locais e rexionais de América Latina e África en aspectos de xestión e administración, fomentando transparencia e eficiencia na actuación dos mesmos.

Fortalecemento dos procesos de planificación do desenrolo local en América Latina e África, institucionalizando espazos de participación popular nos gobernos locais e rexionais e en articulación cos demais actores involucrados.

Educación para e desenrolo, sensibilización e formación

Educación para o desenrolo, sensibilización e formación para o público en xeral e para os entes locais e autonómicos españois en particular, co obxetivo de mellorar: a calidade da prestación de servizos básicos á poboación, en particular os servizos os cales atenden inmigrantes; a calidade da cooperación descentralizada e a atención dos entes locais para os temas de cooperación, loita contra a pobreza e ODM; mediante o fortalecemento das capacidades do persoal que atende estes servizos a articulación de entes locais españois e homólogos do Sur.

Codesenrolo

Fortalecemento das organizacións de inmigrantes en España para favorecer a súa afirmación como interlocutores transnacionais dos entes locais e autonómicos españois e dos países en orixe.

Acompañamento ós gobernos locais e rexionais dos territorios de orixe e de destino para fortalecer as capacidades do seu persoal para mellorar as actividades que realizan para a xestión da inmigración nos seus territorios.

Traballo en conxunto cas organizacións de inmigrantes en España para fomentar a súa participación nos procesos de desenrolo dos seus países de orixe.

Ofertas de Empleo

Hazte socio

Agenda de Eventos

Blog Musol

Suscríbete

Fines Sociales

Síguenos...

Síguenos en las redes sociales o suscríbete a nuestro RSS

Facebook MUSOL Twitter MUSOL RSS MUSOL

Canal Musol Youtube

Donacion

Boletín





Joomla : Musol

Musol - Ir al Inicio

MUSOL
Plaza Jesus, 5 pta 3.
46007 Valencia
Telf - Fax: 96 381 75 09
Mail: info@musol.org

Powered by Infaplic